Skip to main content
Actualidade

O Goberno da Deputación xera outros 12 novos empregos na provincia co Ben Empregado e o DepuEmprego

Por 20 Setembro, 2017Sin comentarios
Álvaro Santos Ramos.

Álvaro Santos Ramos.

O Goberno da Deputación xera 12 novos empregos en 8 municipios da provincia: Monforte de Lemos, O Saviñao, Castro de Rei, A Fonsagrada, Trabada, Riotorto, A Pontenova e Taboada. Faino a través do DepuEmprego, o plan co que o Executivo Provincial xera novos postos de traballo, asumindo os custos laborais dos traballadores que requiran os Concellos para reforzar a prestacións de servizos municipais aos veciños, e do Ben Empregado, o programa co que o Goberno da Deputación asume os gastos laborais e salariais da contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia.

Son, concretamente, 4 postos do DepuEmprego en Taboada un monitor de deportes, e en Trabada: 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico ou con grado en enxeñería de edificación, 1 tecnico deportivo.

Todas as persoas interesadas teñen que dirixirse ao Concello, pois son os encargados de realizar os procesos de selección. Neste caso, os interesados deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego.

Os postos de traballo que xera o Goberno da Deputación a través do Ben Empregado son os seguintes: camareiro e oficial forestal de 1ª en Monforte de Lemos; peón agrario no Saviñao; camareiro en Castro de Rei; axudante da camareira na Fonsagrada; operador de explotación forestal en Trabada; axudante de perruquería en Riotorto; peón forestal na Pontenova.

Máis emprego este ano
Con estes 4 novos empregos, son 243 os postos de traballo que o Goberno da Deputación leva xerado en 59 municipios da provincia co DepuEmprego. O plan inclúe un total 263 empregos nos 66 Concellos de menos de 20.000 habitantes. Polo tanto, nas vindeiras semanas ofreceranse máis postos de traballo. O Executivo Provincial decidiu asumir todos os custos laborais dos profesionais con 3 millóns de euros da Deputación. Do orzamento provincial de 2017, o Goberno destina 3,8 millóns á segunda edición do DepuEmprego para incrementar o número de empregos xerados nos municipios da provincia este ano.