Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

O PSOE reclama á Xunta un plan de emprego para a viticultura

Por 17 Marzo, 2019Sin comentarios

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Raúl Fernández, reclamoulle ao goberno galego a que poña en marcha un plan específico de viticultura social dirixido ás persoas que necesiten traballar no sector a tempo parcial. O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión para presentar esta proposta como unha vía adicional dirixida a frear o despoboamento do rural.

Reclamoulle ao goberno galego un esforzo para atallar a dinámica negativa do despoboamento do rural e o abandono de terras con políticas activas, claras efectivas e avaliables porque, dixo, “sabemos que se a actividade no rural medra tamén o fará a poboación”. Explicou que a viticultura social xoga un “papel determinante” ao considerar, dixo, o sector vitivinícola como unha oportunidade para o medio rural.

O responsable socialista explicou que a día de hoxe preto do 90 por cento dos viticultores que integran ás denominacións de orixe dedícanse a esta actividade a tempo parcial, xa que posúen perfís variados, como xubilados, asalariados, funcionarios ou persoas con outras actividades. Estes non se dedican á viticultura de forma permanente “pero si moi frecuente”, ata o punto de que son os verdadeiros garantes da continuidade da actividade.

Fernández explicou que a incorporación das novas xeracións mozas á viticultura resulta “imprescindible para manter a actividade” e para recuperar a poboación no rural, incorporando ao sector “novas estratexias e oportunidades”. Explicou que o rural, que supón o 80 por cento do territorio, apenas ten o 20 po cento da poboación, un desequilibro que “limita e mesmo reduce o desenvolvemento global de Galicia.

Ademais reivindicou unha actividade vitivinícola que combine a cantidade de produción coa calidade dos caldos, fronte a “adegas que están comezando a sacrificar a calidade” co obxectivo de obter máis litros de viño.