TerrachaXa
O luns arracarán as obras de reurbanización da praza do Barreiro nas Pontes
O proxecto ten como obxectivo recuperar este espazo emblemático do poboado do Barreiro, transformándoo nun lugar atractivo, inclusivo e ambientalmente sostible
Impartiranse en Muras clases de reforzo educativo para nenos e de acitividad física para todos
Desenvolveranse ao longo deste trimestre polas tardes na Casa do Médico e a Escola da Balsa
Arranca en Outeiro de Rei a campaña sobre a compostaxe doméstica co reparto de compostadores
Está promovida polo Concello de Outeiro de Rei e destinada a aquelas persoas que residan nalgunha vivenda unifamiliar do municipio e dispoñan de xardín e/ou horta
O PSOE de Abadín critica ao alcalde por non respostar ás súas preguntas e ocultar información
Os socialistas esixiron no pleno explicacións sobre o proxecto do biometano, a contratación do conserxe, os pagos ás asociacións locais e o uso irregular da maquinaria municipal
Denuncian as listas de agadar para a atención sanitaria no centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea
Os veciños teñen que esperar unha media de 41 días para facer unha analítica, segundo explica o BNG
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Sorteados os bonos da campaña Volta ao Cole da Deputación e a Federación de Comercio
Guitiriz acollerá este sábado o Rally Rías Altas Clásico
A competición desenvolverase durante a tarde, e terá o seu epicentro no Concello, cun percorrido total duns 140 quilómetros que cruzará tamén Outeiro de Rei, Friol e Lugo
O parque de bombeiros das Pontes recibe un novo camión con autoescada
Con esta adquisición, todas as comarcas da Coruña nas que interveñen os bombeiros do consorcio contan xa un vehículo de rescate en altura
O Concello da Pastoriza organiza unha excursión ás Fragas do Eume
O desprazamento en autobús e o servizo de guía serán gratuítos, mentres que a comida correrá a cargo das persoas participantes
Penas de Rodas organiza un curso de dixitalización de balde
As persoas interesadas dispoñen de prazo ata o 3 de outubro para inscribirse
A Graña, en Abadín, estará de festa desde o venres
A programación comezará cunha gran verbena amenizada pola orquestra Principal
Unhas 50 persoas participan este sábado nas Pontes nunha xornada para amantes da fotografía
'Revela' está deseñada como unha experiencia inmersiva e práctica, cun enfoque creativo e técnico
Vilalba acolle este domingo a segunda edición da Feira Intercultural
Logo do éxito da primeira edición celebrada en agosto, terá lugar na praza de Santa María
Propietarios do monte en Meira responsabilizan dos incendios forestais ao abandono
Aseguran que só entre o 0,2 e o 0,7 por cento da superficie queimada eran eucaliptos e que se está utilizando a situación iniciar unha campaña en contra
O DOG recolle hoxe a creación oficial da oficina rural da Pastoriza
Atópase situada na planta baixa da Casa do Concello, nun espazo de 53 metros cadrados cedido polo propio Consistorio
O mes de outubro chega cargado de actividades culturais cos Xoves na Biblio das Pontes
O ciclo comezará este xoves 2 de outubro coa representación teatral 'Contamos contos de lobos?', a cargo de Teatro Gazafelhos
Convocan unha asemblea extraordinaria en Xermade da comunidade enerxética
O obxecto desta xuntanza é informar da concesión dunha subvención solicitada ao IDAE no mes de outubro do ano pasado e decidir se se acepta ou se renuncia a ela
Riotorto organiza un obradoiro sobre o uso responsable da tecnoloxía en familias
A iniciativa está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia
Nova edición do concurso de fotografía sobre a muller rural da Pastoriza
No concurso pode enviar calquera persoa sen importar o seu lugar de orixe
Abre o prazo de inscrición para as actividades socioculturais en Outeiro de Rei
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tendo sempre prioridade as persoas empadroadas
A Faeira comeza as súas patronais cunha churrascada
A sesión vermú longa do domingo, co dúo Marauyá porá o punto e final ás festas
O Goberno local de Vilalba acondiciona a travesía dos Pasos
Retirou o antigo valado, limpou a maleza e residuos acumulados e instalará un novo peche e formigón na beirarrúa
GaliciaXa
A Deputación acorda o apoio á candidatura para que Lugo sexa sede da Axencia Estatal de Saúde Pública
O Pleno tamén optará por esixir á Xunta que remate cos recortes en varios centros educativos da provincia
A campaña a favor do comercio local chega ás localidades de Muimenta, Cospeito e Castro de Rei
Entre os participantes nesta campaña sortearanse 1.000 euros, distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A nova subdelegada reúnese na Deputación para avanzar na coordinacion institucional
O obxectivo desta primeira xuntanza é seguir impulsando proxectos estratéxicos para a provincia


