TerrachaXa
Regresa este sábado a Festa da Torta de Millo
Este sábado regresa ao Campo da Feira de Guitiriz a Festa da Torta de Millo, organizada polo Concello en colaboración coa Deputación.
Vilalba acolle unha mostra de debuxos das vítimas da violencia de xénero
A Asociación Feminista de Vilalba organiza a exposición Crecer con miedo: niños y niñas ante la violencia de género.
Organizan esta tarde en Begonte unha charla sobre nutrición
Recén rematada a Festa da Xuventude, o Concello de Begonte organiza unha charla gratuíta co título Nutrición para xóvenes deportistas.
O Outeiro de Rei FS e o Vilalbés infantil ascenden de categoría
O Outeiro de Rei FS logrou esta fin de semana o ascenso a Terceira División tras vencer a domicilio ao Ourol, pechacancelas de grupo.
O Vilalbés comeza unhas xornadas de portas abertas para a base
O Rácing Vilalbés organiza unhas xornadas de portas abertas durante todo o mes de xuño que teñen como obxectivo mostrar os adestramentos.
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Abre o prazo de inscrición nos másteres oficiais da UNED
Abre a inscrición da IV edición da Quedada Lagoa de Cospeito para o 12 de xuño
O BTT Lagoa de Cospeito celebrará o 12 de xuño a cuarta edición da súa quedada anual, cita que non se puido celebrar os pasados dous anos.
Os veciños crean unha biblioteca rural na escola de Pino
A Asociación Recreativo Cultural San Martiño de Pino está a crear unha biblioteca rural na escola de Pino.
Remata a construción dun circuíto vial no CEIP Terra Chá de Vilalba
O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade dirixida a fomentar a innovación educativa.
Continúan nas Pontes as actividades do programa Espazo en Familia
O concello das Pontes puxo en marcha no mes de abril o programa Espazo en Familia, dirixido a todas as familias pontesas.
TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
César Dorado renova á fronte de Acruga co respaldo do 52,3% dos votos
A Romaxe Artesá da Chaira presenta o seu programa para o próximo sábado
O Concello de Muras ten previsto celebrar o sábado, día 28 de maio, a sexta edición da Romaxe Artesá da Chaira cun amplo programa.
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación concede axudas para a dotación e mellora de servizos no rural
A Deputación concede 300.000€ en axudas a un total de 55 colectivos veciñais para a dotación e mellora de servizos no rural
Comezan as obras para completar a renovación de beirarrúas en Castro Ribeiras de Lea
A Xunta comeza as obras para completar a renovación de beirarrúas en Castro Ribeiras de Lea, que supoñen un investimento de 420.000€
O Pleno de Vilalba aproba unha renovación de crédito para obras de mellora
O Concello de Vilalba aprobou unha modificación de crédito de 662.288,08 euros para acometer obras e proxectos na localidade.
A Deputación rebate as acusacións do PP sobre a xestión económica do Concello de Pol
A Deputación contesta as manifestacións realizadas polo grupo provincial do Partido Popular sobre a xestión económica de Pol.
A Pontes mellorará a pavimentación e servizos na rúa Anduriñas
O Concello das Pontes ten previsto mellorar a pavimentación e os servizos na rúa Anduriñas así como proceder ao traslado da marquesiña.
A Casa do Mel de Goente celebra este sábado o Día da Abella
A Casa do Mel de Goente celebra esta fin de semana o Día da Abella, cun programa de actos para todas as idades.
Música e teatro este sábado en Meira
O centro sociocultural de Meira acolle representación teatral La Pimentera, que terá lugar o sábado 21 de maio, ás 17.00 horas.
Xermolos recupera este domingo a Festa da Fala
A tradicional romería de San Alberte de Guitiriz, tamén coñecida como Festa da Fala, será o domingo 22 na contorna da Capela do San Alberte.
Muras recupera a Festa das Cuíñas esta fin de semana
A asociación Tumbapinos de Muras vén de recuperar un clásico na programación musical, a Festa na honra a Santo Domingo de Cuíñas.
O Concello de Vilalba busca ubicación para un novo mural de Diego AS
O Concello de Vilalba anuncia que o artista urbano Diego AS realizará un mural no municipio, no marco do proxecto para este tipo de obras.
Cospeito recibirá unha achega para a posta en marcha dun viveiro de empresas
A Xunta vén de conceder ao Concello de Cospeito unha axuda de 240.000 euros para crear un viveiro industrial de empresas no municipio.
O Lois Peña Novo de Vilalba colabora con Cruz Vermella para preparar un vehículo para emerxencias
Alumnado do IES Lois Peña Novo de Vilalba traballou na posta a punto dun vehículo de Cruz Vermella empregado para intervir en emerxencias.
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Seis asociacións viaxan esta semana co programa Coñece a túa provincia
Continúa o programa de viaxes gratuítas polo patrimonio lucense Coñece a túa Provincia. No que visitarán toda a provincia




