TerrachaXa
Entregados os premios do concurso de Entroido de Begonte no pavillón de Baamonde
Na categoría de comparsas, o primeiro premio foi para Xaque á intolerancia na Chaira, seguido de Os edro de jarana na sabana, Funko Fest, Expediente Terra Chá e Fábrica de doces
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Agesga convoca unha manifestación en Lugo para reclamar un servizo de emerxencias público e estable
Vilalba presenta o poemario gañador do 51º Certame Literario, unha obra de denuncia e diálogo cultural
Desde o Concello destacouse a relevancia dunha obra escrita en Vilalba, ilustrada desde Gaza e traducida ao árabe, inglés e castelán
Patiño expresa a súa preocupación polo impacto ambiental do proxecto de Ence en As Pontes
Reivindica a necesidade de abordar esta iniciativa desde a reflexión crítica, a formación permanente e a defensa do ben común
A Xunta probará o mércores o funcionamento das sirenas da presa da Ribeira das Pontes
Servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura
A vandalización do busto de Fraga en Vilalba foi obra dun grupo independentista vasco
O delegado do Goberno confirma que o feito estase investigando e o PPdeG pedirá unha condena unánime dos partidos no Parlamento
A unidade móbil de doazón de sangue está este luns en Meira
O vehículo prestará servizo na praza Maior, ao carón da parada de taxis
Vilapedre celebrará o Entroido o 28 cun amplo programa de actividades para todas as idades
A venda de tíckets para o xantar permanecerá aberta ata o luns 23 de febreiro
O colexio Virxe do Corpiño de Begonte celebra unha xornada de portas abertas
A sesión terá lugar o martes 24 ás 10.30 horas e consistirá nunha visita ao centro acompañados do director
Guitiriz continúa coa campaña de compostaxe doméstica cunha nova entrega de composteiros
Nas próximas semanas celebraranse novas sesións informativas en diferentes puntos para facilitar o acceso á campaña e ampliar o número de fogares
A veciñanza de Xermade terá un curso para aprender a usar os caixeiros
Esta formación será o vindeiro martes 24 de febreiro ás 10.30 horas na Biblioteca Municipal
A Deputación de Lugo celebra o Día de Rosalía coa arte e a música como protagonistas
A Vicepresidencia repartirá láminas e caraveis conmemorativos e programará concertos inspirados na obra de Rosalía de Castro
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Aprobada a listaxe de admitidos na sexta edición do programa Coñece a túa provincia
Rábade completa o programa da III Foliada de Primavera, Axeigada
O evento, organizado pola agrupación folclórica Axeigo, incluirá obradoiros, sesión vermú, cantos de taberna e concertos, ademais da tradicional foliada aberta
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Incorpórase á subdelegada do Goberno a nova secretaria xeral da Subdelegación, Elvira Fernández
Olimpia López destacou que conta cunha ampla traxectoria en Institucións Penitenciarias e unha sólida formación xurídica
Meira celebra este domingo a súa segunda Festa do Cocido
A festa dará comezo ás 13:30 horas cunha sesión vermú a cargo de Jorge Ferre e DJ Casanova
Guitiriz celebra un novo 'Domingo de Baile' na Escola Habanera
A cita será de 17.00 a 20.00 horas, e incluirá unha doce merenda e xogos de mesa para quen non queira bailar
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PSOE pedirá no pleno da Deputación o reforzo do profesorado de atención á diversidade
O PSdeG denuncia que Galicia arrastra unha falta estrutural de profesorado de Pedagoxía Terapéutica (PT) e de Audición e Linguaxe (AL)
A Deputación aproba obras en Muras incluíndo a ponte derrubada polo temporal
O proxecto inclúe a reparación integral da estrutura e ademais a reapertura de cunetas, a reparación de desperfectos, a repavimentación e a sinalización horizontal e vertical
Vilalba renderá homenaxe a Rosalía de Castro cunha ofrenda floral no seu monólito
O acto terá lugar o luns 23 de febreiro, ás 12.30 horas, no Parque Rosalía de Castro da localidade
As Pontes presenta un programa para o 8M con actividades todo o mes
Baixo o lema 'Camiños de igualdade, pasos de liberdade', a programación busca fomentar a reflexión crítica, visibilizar referentes femininos e promover valores
Marta Rouco participou na Coruña na Asemblea Xeral do Eixo Atlántico
Abordáronse tres retos que marcarán a axenda do ano 2026, o acceso á vivenda, a xestión dos fluxos migratorios e a loita contra a pobreza e a exclusión social
A Biblioteca de Xermade nomea os socios de honra do 2025
O galardón na categoría de persoas adultas recaeu en Carolina Martín, mentres que na categoría infantil o recoñecemento foi para Yeray Piñeiro
Meira trasladou para hoxe a queima dos mecos do Antroido por mor do temporal
Durante as xornadas do xoves e do venres pola mañá procedeuse á recollida dos mecos, unha tarefa realizada a petición veciñal
Mar Caldas presenta a exposición 'Facedoras de Lugo', unha homenaxe ao traballo feminino no rural
A mostra poderá visitarse do 5 ao 18 de maio no Museo Provincial de Lugo e no Museo Fortaleza San Paio de Narla, en Friol
A Deputación pecha dúas estradas en Ourol e Muras e reabre ao tráfico en Cervantes
Este xoves quedaron cortadas polo colapso de dúas pontes a LU-P-3807, que conecta Bravos e San Pantaleón por Foxo; e a LU-P-6502 entre Vilalba e Chavín pola Balsa


