Clausurado en Outeiro de Rei o programa de emprego de sete concellos

TerraChaXa | LugoXa
A Xunta clausurou hoxe o programa integrado de emprego que tivo en marcha no período 2022/2023 o Concello de Outeiro de Rei asociado cos de Friol, Rábade, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abadín e Mondoñedo.
clausuar programa emprego outeiro de rei portada
1 Dec 2023

A Xunta clausurou hoxe o programa integrado de emprego que tivo en marcha no período 2022/2023 o Concello de Outeiro de Rei asociado cos de Friol, Rábade, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abadín e Mondoñedo. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade financiou a iniciativa con 250.000 euros.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, anunciou que a Administración autonómica vén de aprobar unha nova achega de 220.000 euros para poñer en marcha outro programa integrado nos mesmos municipios, que comeza este ano e se prolonga durante o 2024. Na vindeira edición, a iniciativa terá como destinatarias prioritarias ás mulleres.

En cada unha destas actividades participan 100 persoas desempregadas, das que un mínimo do 35% serán inseridas no mercado laboral durante a duración do proxecto. A Administración autonómica ofrece bolsas para incentivar a asistencia dos demandantes de emprego a estas accións e asume os custos salariais do persoal necesario para impartir a formación, así como de desprazamento de dito persoal e gastos materiais e equipamentos técnicos, entre outros.

En canto á actividade que se clausura hoxe en Outeiro de Rei, os participantes foron principalmente persoas desempregadas menores de 30 anos -un total de 74 – con diferentes perfís.

As accións centráronse en proporcionarlles aos asistentes ferramentas que lles axuden a acceder ao mercado de traballo. Así, comprendeu iniciativas de formación e asesoramento; técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea; fomento da capacidade emprendedora e das habilidades sociolaborais -por exemplo, con simulacións de entrevistas laborais -; prospección empresarial; accións para casar o perfil dos participantes con ofertas de traballo existentes ou prácticas profesionais non laborais en empresas, entre outras.

Pola súa banda, o alcalde de Outeiro felicitou "aos que están aquí e aos que non porque xa están traballando. Espero que vos sirva, que poidades integrarvos no mundo laboral porque é algo fundamental. Hai empresas que non atopan traballadores e traballadores que non atopan emprego. É unha satisfacción para min e para os demais alcaldes este tipo de iniciativas. As persoas agora están capacitadas e traballaron moi fortemente. Moito animo aos participantes porque vos pode valer para desenvolver o voso futuro laboral”.

Lembrou que vén de aprobarse un novo programa integrado pero só para mulleres para darlle un pulso máis forte e vai empezar a fase de captación de participantes. "As persoas interesadas xa poden apuntarse polo que desde o Concello apoiamos que as mulleres poidan participar porque cremos que hai que axudarlles para que atopen emprego", dixo.

clausuar programa emprego outeiro de rei

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17256093025208