A área creativa pontesa de Vilarbó acolle un novo campo de voluntariado

TerraChaXa
A área recreativa de Vilarbó, en As Pontes, este ano acollerá un novo campo de voluntariado incluído na Campaña de Verán da Xunta.
AREA RECREATIVA VILARBO AS PONTES CAMPAMENTO
AREA RECREATIVA VILARBO AS PONTES CAMPAMENTO
2 Xuño 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou onte a área recreativa de Vilarbó, en As Pontes, que este ano acollerá un novo campo de voluntariado incluído na Campaña de Verán da Xunta.

Durante a visita, na que estivo acompañada de representantes da asociación de tempo e aire libre Néboa, encargada do desenvolvemento da iniciativa, Aneiros animou aos mozos entre 18 e 30 anos a participar nesta proposta que se desenvolverá entre o 15 e o 26 de xullo.

O campo de voluntariado de Vilarbó dispón de 15 prazas e se levará a cabo na modalidade ambiental, acorde ao entorno no que se imparte (próximo ao encoro da Ribeira, no río Eume e ao parque natural Fragas do Eume). Aneiros lembrou que o obxectivo deste campo “é a custodia do territorio mediante a conservación e a recuperación das fragas e o bosque de ribeira no entorno do río Eume e a divulgación das Fragas Atlánticas de Vilarbó”. Os participantes ocuparanse en labores de plantación e reforestación, limpeza das beiras do río Eume, construción dun hotel para abellas, colocación de caixas niño e comedeiros ou un inventario de especies, entre outras.

O prazo de solicitude para participar neste campo de voluntariado, ao igual que no resto que se levan a cabo na Comunidade Autónoma, estará aberto ata tres días antes do comezo do mesmo. As solicitudes deberán presentarse por medios electrónicos mediante o formulario en liña dispoñible na páxina web Xuventude, onde tamén se poden consultar máis datos da convocatoria.

O de Vilarbó é un dos 46 campos de voluntariado que a Xunta desenvolverá por todo o territorio galego este verán e que se suman ás prazas ofertadas en campos noutras comunidades e no estranxeiro. Inclúense na Campaña de Verán a través da que a Consellería de Política Social e Xuventude tamén desenvolve campamentos infantís, programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas, o programa Conecta con Galicia para a mocidade galega do exterior, e os minicampamentos Coñece Galicia, de 5 días de duración.

“A finalidade destas propostas é que que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo,... á vez que pon á disposición das familias un recurso de conciliación da vida familiar e laboral”, lembrou a delegada territorial.

0.19780898094177