A delegación cubana visita a Granxa Gayoso Castro e participa nun encontro en Rábade

TerraChaXa | LugoXa
O  presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este luns en Rábade, xunto ao secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e presidente da Cámara de Comercio lucense, Jaime López, á delegación empresarial de Cuba que desde esta fin de semana visita a provincia co obxectivo de fortalecer os intercambios comerciais.
14 Maio 2024

O  presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este luns en Rábade, xunto ao secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e presidente da Cámara de Comercio lucense, Jaime López, á delegación empresarial de Cuba que desde esta fin de semana visita a provincia co obxectivo de fortalecer os intercambios comerciais.

No encontro de traballo, que se desenvolveu en Rábade, participou a delegación cubana liderada polo presidente da Cámara de Comercio da illa caribeña, Antonio Luis Carricate Corona, e da que forman parte unha decena de empresarios e a representante da embaixada de Cuba, Ivette Cartelle Pérez; o Conselleiro Delegado da CEL, Eduardo Valín; o Vicepresidente da Cámara de Comercio de Lugo, Carlos Cebrián; e o conselleiro da CEL José Ángel Penas Peón.

Antes da xuntanza, pola mañá, o grupo visitou a Granxa Gayoso Castro da Deputación. Alí, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e a directora da granxa, Sonia Verdes, explicáronlles aos visitantes o funcionamento destas instalacións que a institución provincial ten en Castro de Rei e que impulsa como referente e como motor do sector primario e da actividade económica da provincia.

Os representantes cubanos que integran a delegación son Rubén Ernesto Carbonell Garay, Director Logístico de Gecomex; María Isabel García Capote, representante de Transimport; Rocío del Carmen Olascoaga Valdés, representante de Cinesoft; Yoel Portuondo Savón, Director de ENSAL; Luis Rodríguez Gil, presidente do consello administrativo de Gambina; Maruchi Vázquez Comas, representante de Marprinter; Donato Lázaro Donato Léon, administrador de Donato; Alain José Peña Gómez, xefe de Comercialización Pyxel Solutions; e Ruslan Peña Leyva, director xeral de Delicias Serranas. Esta tarde, a delegación visitará algunha das empresas máis importantes da provincia.

0.094979047775269