A epidemia de coronavirus remitiu durante a fin de semana

TerraChaXa
Este luns os casos activos de coronavirus continuaron a decrecer e xa están en 795, 19 menos que onte e 60 menos que o venres, aínda así, con 140 os contaxios novos que se produciron nos últimos tres días, moitos menos que en días precedentes.
covid 19 5
14 sep 2020

Este luns os casos activos de coronavirus continuaron a decrecer e xa están en 795, 19 menos que onte e 60 menos que o venres, aínda así, con 140 os contaxios novos que se produciron nos últimos tres días, moitos menos que en días precedentes.

Do mesmo xeito baixa a presión hospitalaria e xa son 5 persoas ingresadas menos, 3 na UCI do Hula, 16 en Polusa, 4 no hospital de Monforte, 3 no da Mariña e o resto no de Lugo. Ademais, producíronse nos últimos tres días preto de 200 altas o que rebaixa a presencia da enfermidade na provincia.

O dato máis negativo e o número de falecementos, xa que dende o venres producíronse seis defuncións en persoas aqueixadas de coronavirus, todos eles maiores con patoloxías previas. Catro desas persoas perderon a vida o sábado, 34 dende mediados de agosto, cando volveron a rexistrarse vítimas mortais a costa dos residentes en O Incio.

Así, el centro de maiores do Incio conta con 21 falacementos, la de Outeiro de Rei suma 4 usuarios e a unidade do maior de Polusa perdeu a tres.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.264 deles 1.297 son da área da Coruña, 795 da de Lugo, 482 da de Ourense, 503 da de Pontevedra, 361 da área de Vigo, 640 da de Santiago, e 186 da de Ferrol. Son algo máis de cen casos activos menos dende o venres con subidas en Ourense, Pontevedra e Ferrol e baixada no resto, en especial na Coruña.

Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI (2 máis que o venres), 221 en unidades de hospitalización (20 máis) e 4.015 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.440 persoas curadas (770 máis), rexistrándose 689 falecementos (13 máis).

Os datos das residencias indican que xa son 259 (4 máis) os usuarios de centros galegos afectados e 91 os profesionais (6 máis).

0.18067789077759