A Escola de San Cosme acollerá un obradoiro sobre plantas silvestres e os seus usos

TerraChaXa
A actividade será impartida pola Asociación A Estruga, espazo agroecolóxico especializado en formación e divulgación ambiental
plantas-silvestre-comestible-flor
25 Jun 2026

A Escola de San Cosme, en Pastoriza, será escenario este xoves, 26 de xuño, dun obradoiro dedicado ás plantas silvestres e ás súas aplicacións tradicionais. A actividade desenvolverase a partir das 16.00 horas e está promovida pola Asociación de Veciños San Cosme de Piñeiro.

O taller será impartido por Asociación A Estruga, espazo agroecolóxico, e permitirá ás persoas participantes achegarse ao coñecemento de distintas especies vexetais que medran de forma espontánea na contorna, así como descubrir os seus usos alimentarios, medicinais e culturais.

A iniciativa conta co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través do programa Rural, e busca fomentar o coñecemento e a valorización do patrimonio natural local, poñendo en valor a riqueza botánica do medio rural.

Desde a organización animan á veciñanza e ás persoas interesadas na natureza a participar nesta actividade formativa, que ofrecerá unha oportunidade para aprender a identificar diferentes plantas silvestres e coñecer as súas utilidades.

0.14304113388062