A folga de transportes colapsa a cidade de Lugo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A folga de transportes chegou á cidade de Lugo, onde se xuntaron máis de 1.300 vehículos entre camións, furgonetas, tractores e taxis.
FOLGA TRANSPORTES LUGO2
FOLGA TRANSPORTES LUGO2
22 Mar 2022

A folga de transportes chegou á cidade de Lugo, onde se xuntaron máis de 1.300 vehículos entre camións, furgonetas, tractores e taxis.

A comitiva, que se reuniu no polígono das Gándaras, entrou na cidade pola avenida da Coruña para dar unha volta á Muralla e volver a saír pola mesma vía.

Tal foi a afluencia de vehículos que a primeira cabeza encaraba a saída de Lugo cruzábase aínda co resto da comitiva entrando.

Durante toda a marcha, os transportistas fixeron soar as súas bocinas para facer chegar a súa protesta a todos os rincóns da vila. Os camións portaban numerosas pancantas reclamando atención ao seu sector.

Hoxe cúmprese o noveno día de folga do transporte e as súas repercusións nótanse xa en todos os sectores con desabascemento en todos os sectores dende a industria, a agricultura e os servizos. Estanse a perder numerosos postos de traballo en Galicia e as perdas económicas son moi elevadas.

As distintas accións de protesta notáronse en toda a provincia con maior ou menor incidencia, con cortes de estradas e piquetes informativos que impedían o movemento de camións.

Son moitas as presións que se fan dende os distintos organismos para que se consiga un acordo que acabe coa folga. Dende a Federación de Comercio advirten que hai xa moitos comerciantes que pensan no peche ao non dispoñer de produtos para a comecialización.

A situación é preocupante nas granxas, xa que as industrias lácteas aseguran non poder recoller o leite para levar ás plantas o que está provocando que os gandeiros teñan que tirar o leite das cisternas. Así mesmo, está a faltar alimento para o gando.

Por outra banda, 25 organizacións pesqueiras galegas piden ao Ministerio de Transportes que se reúna coa Plataforma do transporte para buscar unha solución inmediata ao bloqueo do transporte dos produtos perecedoiros da pesca.

Esta solicitude presentouse hoxe a través da Delegación do Goberno en Galicia, dada a gran incidencia en todo o Noroeste peninsular.

0.17747592926025