A Xunta colabora co Concello de Friol para dotar de abastecemento a parroquia de Seixón

TerraChaXa | LugoXa
A Xunta de Galicia colaborará co Concello de Friol para dotar de sistema de abastecemento a parroquia de Seixón.
alcalde friol audiencia ethel vazquez
alcalde friol audiencia ethel vazquez
29 may 2022

A Xunta colaborará co Concello de Friol para dotar de sistema de abastecemento a parroquia de Seixón.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, trasladoulle recentemente este compromiso ao alcalde de Friol, José Ángel Santos, nun encontro de traballo.

O obxectivo é habilitar o servizo de abastecemento nos núcleos desta parroquia, máis concretamente, en Seixón de Abaixo e Seixón de Arriba, O Vilar, Sucampo, A Lagoa, O Covelo, Cela e A Abelaira.

Esta rede, que constará dun orzamento de preto de 200.000 euros, prevé o subministro para 256 habitantes destes lugares.

Ademais, a actuación tamén permitirá dar servizo ás granxas e explotacións gandeiras situadas nesa contorna, cuxas actividades económicas pertencen maioritariamente ao sector primario.

A Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade aos seus veciños.