A Xunta decretará este ano a parcelaria de Moncelos, en Abadín

TerraChaXa
A Xunta decretará este ano a parcelaria de Moncelos, no concello de Abadín, que reorganizará unha superficie superior ás 800 hectáreas
pastoriza concentracion parcelaria desbroce
pastoriza concentracion parcelaria desbroce
14 Xul 2022

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Abadín, José María López, para coñecer de primeira man as demandas e necesidades dos veciños deste concello lugués relativas ao agro. Así, González avanzoulle que este ano decretarase unha nova zona de concentración parcelaria, concretamente a de Moncelos.

Así, o conselleiro sinalou que o novo proceso permitirá reorganizar unha superficie total de 813 hectáreas, que actualmente conta con 3.285 parcelas propiedade de 630 veciños. Coa posta en marcha da nova parcelaria, ao abeiro da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, mellorarase a estrutura territorial da zona, o que permitirá ampliar a base territorial das granxas da contorna e, polo tanto, reducir os seus custos de produción.

Sobre isto, o titular de Medio Rural trasladoulle ao rexedor que as novas concentracións teñen unha concepción moderna da mellora das estruturas, orientadas a favorecer o desenvolvemento económico das explotacións. 

Novos instrumentos de mobilización de terras

Durante a xuntanza, José González explicoulle as ferramentas que desenvolve tamén a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a cal amplía o abano de instrumentos destinados á mobilización e recuperación da terra agraria e proporcionando novos procedementos e medidas para loitar contra o abandono das terras e poñer base territorial a disposición daquelas explotacións que a precisen.

Así, a Lei de recuperación inclúe mecanismos de mobilización como son os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta da terra, a iniciativa das aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario, entre outras. Neste senso, cabe sinalar que a día de hoxe xa son 15 os polígonos agroforestais iniciados -ou en proceso- e 19 as aldeas modelo declaradas. En total, son máis de 5.000 hectáreas de terreo a recuperar.

0.139240026474