A Xunta destaca en Ínsua o valor das mulleres do medio rural

TerraChaXa
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou este sábado o valor das mulleres no medio rural e indicou que é necesario garantirlle a igualdade de oportunidades, xa que o futuro do medio rural pasa pola creación de máis oportunidades e por mellorar a situación laboral das mulleres rurais.
28 Out 2017

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou este sábado o valor das mulleres no medio rural e indicou que é necesario garantirlle a igualdade de oportunidades, xa que o futuro do medio rural pasa pola creación de máis oportunidades e por mellorar a situación laboral das mulleres rurais.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella asistiu á IX Edición da Tasca do Liño de Insua, organizado pola Asociación de Mulleres San Bartolomeu de Insua, onde incidiu na importancia de apoiar oportunidadades para acadar a igualdade mendiante opcións educativas, culturais, de ocio, de acceso a tecnoloxías, servizos e infraestruturas.

López Abella fixo especial fincapé no papel que levan a cabo as emprendedoras rurais como exemplo de innovación, creatividade e empoderamento e que constituen o verdadeiro motor da economía rural, xa que potencian a innovación, a calidade e o valor engadido que ten o medio rural.

A visibilización da muller no rural remite á necesidade de potenciar as características propias, diferenciais e as veces descoñecidas dende unha perspectiva urbana. Neste eido as asociacións rurais e as accións que levan a cabo son clave para dinamizar a participación das mulleres na toma de decisións do eido rural, así como un pulo a dinamización económica, social e cultural do mesmo.

Polo que dende o Goberno galego, a premisa é seguir incidindo no fortalecemetno e a consolidación do movemento asociativo de mulleres como unha importante canle de promocisón da igualdade de oportunidades, de aí a importancia de apoiar a colaboración do movemento asociativo feminino difundindo na sociedade a importancia do papel das mulleres rurais galegas.

0.14830803871155