A Xunta entrega mañá os títulos da parcelaria de San Xiao de Mos

TerraChaXa | LugoXa
A Xunta de Galicia entregará mañá os títulos da concentración parcelaria de San Xiao de Mos, nun acto na antiga escola da parroquia.
san xiao de mos castro
san xiao de mos castro
28 Mar 2021

A Xunta de Galicia entregará o luns 29 os títulos da concentración parcelaria de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, un acto que terá lugar na antiga escola da parroquia.

O decreto desta zona de reestruturación aprobouse en 2001 e as bases definitivas, en 2007.

Os propietarios tomaron posesión das leiras en 2012 e a concentración convertiu 1.687 en 436.

A entrega estará condicionada polas limitacións de aforo e distancia de seguridade polo que ser fará de forma paulatina. Deste xeito, os títulos serán entregados en función da letra inicial do primeiro apelido das persoas propietarias. A e B recollerán os títulos de 10.00 a 11.30; C e D, de 11.30 a 12.30; da E á L, de 12.30 a 14.00; da M á Ñ, de 16.00 a 17.00; O e P, de 17.00 a 18.00, e da Q á Z, de 18.00 a 19.00 horas.

Ademais de dar por finalizada a parcelaria de Mos, a Consellería do Medio Rural acaba de dar un paso adiante na tramitación da de Viladonga. O estudo previo está xa en período de información pública.

Os interesados poden revisar a documentación no consistorio ou ben a través da páxina web da consellería. O prazo de exposición, que se anunciou o día 9, é dun mes.

0.18974304199219