Abadín traballa para relanzar a plataforma de venda on line do grelo

TerraChaXa
Tralo éxito da pasada edición, o Concello de Abadín traballa para dar saída ao seu produto estrela a través da plataforma de venda on line.
portada expogrelo web
16 Xan 2022

Tralo éxito da pasada edición, o Concello de Abadín traballa para dar saída ao seu produto estrela a través da plataforma de venda on line que se inaugurou a pasada edición debido á suspensión de Expogrelo a causa da situación sanitaria.

O Concello no descarta aínda poder celebrar unha nova edición presencial da feira este ano, "no que se seguirá traballando ata o último momento", do o alcalde, José María López Rancaño. Ademais da feira, manteñen a idea do ano pasado de vender o produto a través de expogrelo.com, onde a pasada edición un total de 18 greleiras venderon o seu produto a un prezo único de 2 euros a mada. Posteriormente esta plataforma ampliouse con máis produtos da zona, agora todos fóra de stock.

O alcalde explicou que xa tiveron a primeira reunión para avanzar no deseño da nova campaña, que aínda non se pode abrir porque o grelo non está listo para consumir.

A plataforma expogrelo.com permite comprar á greleira que se desexe e os que pedidos dos que non teñen preferencias repartiranse entre todas de forma equilibrada. Ademais, permite un rexistro e pago único á plataforma, mentres que a produtora recibe inmediatamente o cargo na súa conta.

O Concello, que se encargou de sufragar a posta en marcha desta web de venda on line, tamén correu cos gastos de deseño e produción das caixas e as cintas que se utilizaron para o envío, xa que foi o propio Concello o que xestionou toda a loxística, complicada polo feito de seren un produto fresco e perecedeiro.

O grelo de Abadín leva unha presentación que os distingue como de Abadín "como un selo de calidade", explica o alcalde.

0.18195199966431