Abre para a veciñanza do Muras o prazo para anotarse no obradoiro de emprego Terras do Sor

TerraChaXa
Xa está aberto o prazo para anotarase no obradoiro dual de emprego Terras do Sor VII, no que participarn os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, con sede no primeiro.
obradoiro muras terras do sor
10 Out 2023

Xa está aberto o prazo para anotarase no obradoiro dual de emprego Terras do Sor VII, no que participarn os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, con sede no primeiro.

Estes obradoiros son de formación en alternancia coa práctica e teñen unha duración de 12 meses dirixidos á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Este ano a Muras concedéronlle 2 prazas para carpintería e 2 para coidados no fogar.

Cómpre estar anotado no SEPE (Viveiro). Os cursos teóricos danse no Vicedo e as prácticas repártense polos concellos participantes, Ourol, O Vicedo e Muras. No caso de Muras os traballos de carpintaría serán: aplicar antifungos e antixilofagos no mobiliario urbano ademais de imprimación protectora + fabricación de porta corredoira + fabricación de 150 cadeiras pregables. Tamén traballarese na residencia de anciáns Betania de Viveiro.

Desde o inicio o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación en alternancia, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

0.17271399497986