Acordo entre a Xunta e Enagás para a construción do hidroduto entre Guitiriz e Zamora

TerraChaXa
A Xunta e Enagás acadan un acordo polo que a empresa se compromete a realizar investimentos e Á construción do hidroduto.
xunta acordo enagas hidroduto
xunta acordo enagas hidroduto
6 mar 2023

A compañía Enagás ratificou o seu compromiso co proxecto do hidroducto entre Guitiriz e Zamora, que asume como propio na súa Rede Troncal e que evitará que Galicia quede como "unha illa enerxética".

Así llo confirmou o CEO de Enagás, Arturo Gonzalo, ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión que mantiveron na sede da Xunta en San Caetano. O representante da compañía detallou que Enagás "asume como propio" este proxecto, que impulsou Reganosa (que conta con accionariado da Xunta).

Esta semana, Enagás e Reganosa asinaron un acordo polo que a primeira adquiría a rede de 130 quilómetros de gasodutos de Reganosa por un importe de 54 millóns de euros, mentres que Reganosa compraba un 25% da Planta de Regasificación do Musel, en Xixón, por un importe de 95 millóns de euros.

Segundo este acordo, Enagás queda coa rede de transporte que ata o de agora era propiedade de Reganosa, integrada por 130 quilómetros de gasodutos de 80 bares de presión e Reganosa entra cun 25% no accionariado da planta xixonesa, que ata o de agora era propiedade 100% de Enagás.

Tras este acordo, o CEO de Enagás comprometeuse co Goberno galego a facer "todo o necesario" para que este proxecto avance, co obxectivo de que o hidroducto estea incluído nesa lista de proxectos europeos de interese común e iniciar a súa construción a finais do ano 2025 ou principios de 2026 e, deste xeito, que estea operativo en 2030.

Doutra banda, o CEO de Enagás explicou a planificación deste proxecto, tanto no ámbito estatal como europeo. Así, concretou que espera que a mediados deste ano o Goberno "actualice o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima". Ademais, indicou que o Ministerio "tamén anticipou que a isto sucederalle unha planificación obrigatoria da rede troncal".