Adega crea unha web con recursos de libre acceso para pasar a corentena
Hai tres semanas, Adega lanzaba a campaña #EuFicoNaCasaConADEGA coa idea de poñer a disposición da sociedade xeral, e da galega en particular, recursos didácticos e divulgativos sobre medio ambiente e ecoloxía en galego para pasar a corentena. O obxectivo desta iniciativa é o de facilitar a un público xeral o acceso a estes recursos, nalgúns casos xa pre-elaborados, compartir saberes e experiencias sen restricións ou exclusividades, e propoñer solucións ante un futuro que se nos presenta difícil e de profundos cambios estruturais e, por tanto, que afectan ao noso estilo de vida. Trátase, en definitiva, de contribuír colectivamente a compartir experiencias, coñecementos e aprender entre todos e todas outra forma de vivir máis amable, máis sustentable e máis consciente e necesaria fronte a grade crise que afrontamos: a crise climática.
A acollida desta iniciativa de Adega para afrontar este período de confinamento resultou exitosa, sendo a día de hoxe varios os centos de persoas subscritas ás Eco-ideas de Adega para pasar a corentena. Co a intención de que outros colectivos e organizacións de ámbito galego se animen a compartir dentro desta campaña os seus recursos e ideas para pasar o confinamento, xa están a colaborar cunha ducia de colectivos entre os que están as anpas galegas, sindicatos do ensino (STEG, CIG-Ensino), sindicatos agrarios (SLG, FRUGA), organizacións culturais (A Mesa, Culturmar, Rede Galega polo Patrimonio) ou de carácter ambiental (CEMMA, Fundación Eira, GNHábitat, Mycogalicia, Cousa de Raíces).
Así, a web de recursos para o confinamento é https://euficonacasa.adega.gal
A través da web https://euficonacasa.
Este repositorio web acolle materiais en diversos formatos: vídeos-obradoiro, fichas de actividades, fichas de identificación de flora e fauna, lecturas recomendadas, páxinas web sobre proxectos de interese, manuais, etc. Os materiais clasifícanse tamén segundo o tipo de destinatarios, identificando aqueles recursos que están recomendados para todos os públicos ou para niveis educativos de primaria ou secundaria.
Adega tamén está a enviar por correo electrónico un boletín coas novidades na oferta de Eco-ideas ou recursos educativos a todas as persoas que se subscriben ao mesmo a través deste formulario: https://