Alumnos do CEIP Terra Chá de Vilalba visitan a Xunta a través dun programa

TerraChaXa
Unha vintena de alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria do colexio CEIP Terra Chá, de Vilalba, visitaron onte a Xunta de Galicia no marco do programa Coñece as túas institucións.
conece as tuas institucions programa ceip terra cha santaigo
conece as tuas institucions programa ceip terra cha santaigo
13 Mar 2024

Unha vintena de alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria do colexio CEIP Terra Chá, de Vilalba, visitaron onte a Xunta de Galicia no marco do programa Coñece as túas institucións. A través desta iniciativa, o Goberno galego e o Parlamento de Galicia ofrecen visitas guiadas ás súas sedes para promover o achegamento e dos escolares sobre os poderes lexislativo e executivo de Galicia. De feito, o grupo de escolares visitou tamén esta mañá o Pazo do Hórreo.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, acompañou os nenos nesta visita, na que se lles explicou o funcionamento da Xunta e as súas principais funcións e se lles proporcionou material didáctico específico. A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou o valor deste programa para fomentar unha cidadanía democrática e responsable entre o alumnado e respondeu ás dúbidas dos escolares sobre a actividade diaria dunha persoa que traballa na sede do Goberno galego.

0.18591499328613