Os concellos secundan ás suspensións polo coronavirus

TerraChaXa
Debido ás chamadas á prevención das autoridades sanitarias, tanto a nivel nacional como autonómico continúan as suspensión de actividades previstas.
Captura de pantalla 2020 03 12 a las 15.13.49
13 Mar 2020

Debido ás chamadas á prevención das autoridades sanitarias, tanto a nivel nacional como autonómico continúan as suspensión de actividades previstas.

Nesta ocasión, a práctica totalidade dos concellos da Terra Chá publicaron os seu respectivos bandos para anunciar aos a suspensión de todas as actividades previstas, así como o peche de todas as instalacións públicas, tales como PAI, centro de día, piscina, museos, centros sociais, conservatorios, escolas deportivas, pavillóns ou telecentros así como de todas as actividades previstas para estes quince días, incluidos os mercadillos.

Deste xeito foron aprazadas sine día a totalidade das citas culturais, deportivas de de ocio en dúas semanas como:

  • Festas en Lanzós
  • Xuntanza e Festa de Corbelle
  • Moexmu de Muimenta
  • Slalom Concello de Guitiriz
  • Feira do Queixo San Simón de Vilalba
  • Andaina pola Vía Rexia
  • Torneo de Tute en Órrea
  • Día da Poesía en Vilalba
  • Manifestación convocada por Agromuralla
  • Curso de astrofotografía de Muras
  • Entrega de títulos de concentración parcelaria de Ramil en Castro
  • Carreira San Xose das Pontes
  • Concerto de Tanxugueiras en Vilalba
  • Taller de vestiario en Rábade
  • Reunión de mulleres en Saldanxe
  • II Gala de Empresarios de Vilalba
  • A ruta BTTeando prevista para este domingo 15 de marzo
  • Seminario de robótica de Friol
  • Concerto de Davide Salvado en Cospeito
  • Feria do Queixo de Friol e Pan de Ousá
  • Xornada de caza de Cospeito
  • 45 aniversario de ex alumnos do Ceip Ramón Falcón de Castro de Rei
  • Feira do Ferro de Riotorto

Tamén, en toda Galicia está suspendida por dúas semanas toda A ACTIVIDADE EDUCATIVA, tanto lectiva como extraescolar, e a ACTIVIDADE DEPORTIVA nas diferentes especialidades e categorías, ademais das restriccións das visitas a hospitales, cárceres e demáis. Pecharon tamén os centros sociais, entre outras medidas preventivas.

Outras das medidas que se estudan é a suspensión das eleccións autonómicas, previstas para o 5 de abril, que se saberá o luns trala reunión dos partidos.

En todos os casos, a intención é un aprazamento destas celebracións cando a situación sanitaria se normalice.

infografia e1584018954347
0.13197207450867