As Pontes abre o proceso de contratación de 6 persoas a través do PEL

TerraChaXa
O Concello das Pontes contratará a 6 peóns/peoas durante 6 meses, con cargo a unha achega procedente do Plan de Emprego Local (PEL).
APROLRURAL emprego traballo operario peon
22 May 2023

O Concello das Pontes contratará a 6 peóns/peoas durante 6 meses, con cargo a unha achega procedente do Plan de Emprego Local (PEL) de Deputación da Coruña que ten como obxectivo tivo fomentar a empregabilidade nos concellos da provincia mediante a contratación de persoal para a prestación dos servizos municipais básicos adscritos á área de obras destinadas ao mantemento e conservación de estradas, pistas, edificios públicos municipais e ao mantemento das infraestruturas locais básicas

As persoas interesadas en optar a estas prazas deben, entre outros, cumprir cos seguintes requisitos:

a) Nacionalidade: ser español/a ou nacional doutro Estado da Unión Europea. Así mesmo as persoas estranxeiras con residencia legal en España poderán acceder ás Administracións Públicas, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.

b) Idade: ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas que son obxecto do presente contrato.

d) Habilitación: non ter sido despedido/a, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía. Idéntico requisito seralles esixido aos nacionais doutros Estados, no seu caso.

e) Compatibilidade: non estar incurso/a en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (LIPAP).

f) Titulación: non se esixe.

g) Estar en posesión do Celga 2 ou equivalente.Segundo o disposto no Anexo I, apartado 2, da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no DOG núm. 146, do 30/07/2007 (corrixida no DOG núm. 178, do 15/09/2007). De non acreditarse o coñecemento do galego por esta vía realizarase unha proba de galego, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

h) Estar en situación de desemprego inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego. Este requisito deberá cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato. Acreditarase presentando a tarxeta de inscrición no Servizo Público de Emprego ou informe actualizado dos períodos de inscrición
no Servizo Público de Emprego.

i) Acreditar estar nalgunha das situación de exclusión laboral, de acordo co previsto na Base 4.2 das Bases específicas do programa PEL-Concellos 2023, aprobado pola Deputación Provincial da Coruña.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes, preferentemente na sede electrónica do Concello das Pontes, acompañadas da documentación esixida na convocatoria, desde o martes, 22 de maio ata o 26 de maio, ambos incluídos. Tamén se poderán presentar no Rexistro Xeral, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 horas, solicitando con anterioridade cita previa, a través dos teléfonos 667129389 ou 667129380


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18623304367065