Cambia a normativa para a feira de gando de Vilalba

TerraChaXa

O Concello de Vilalba informa aos seus veciños e veciñas de que, debido á declaración en Galicia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica, a Consellería de Medio Rural vén de dictar unhas normas de obrigado cumprimento para a celebración de feiras e mercados nos que concorran rumiantes de abasto.

ovellas rebano
ovellas rebano
2 oct 2023

O Concello de Vilalba informa aos seus veciños e veciñas de que, debido á declaración en Galicia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica, a Consellería de Medio Rural vén de dictar unhas normas de obrigado cumprimento para a celebración de feiras e mercados nos que concorran rumiantes de abasto.

Por elo, o Concello de Vilalba pon no coñecemento das persoas interesadas na compra venda das especies ovina e cabrúa as condicións que se aplicarán, co obxectivo de evitar ou minimizar o contacto dos animais sensibles ao vector (mosquito) transmisor, e que serán de aplicación dende a feira do día próximo domingo, día 8 de outubro.

A concelleira de Feiras e Mercados de Vilalba, Paula Vigo, fai un chamamento “á responsabilidade dos gandeiros e dos operadores comerciais aos efectos do cumprimento das indicacións dadas, pois non se permitirá a entrada de ningún animal na feira que non cumpra as condicións establecidas”.

En concreto, advírtese de que todos os animais deberán estar identificados individualmente; todos os animais deberán estar asentados nun Rega de procedencia; deberán ir acompañados de declaracións de desinsectación individual con produto autorizado; non evidenciarán sintomatoloxía clínica compatible coa enfermidade, e os transportes deberán de estar amparados por documentos acreditativos de desinfección e desinsectación con productos autorizados.

A entrada na feira realizarase baixo control veterinario, no horario comprendido entre as 08:30 e as 10:00 horas.

O Concello de Vilalba terá a disposición das persoas interesadas os documentos necesarios para que os interesados poidan declarar a desinfección e desinsectación tanto dos animais como dos transportes.