Castro de Rei volverá contar con tres quendas de campamento este verán

O Concello de Castro de Rei celebrará no meses de xullo e agosto tres campamentos de verán repartidos entre a capitalidade e Castro Ribeiras de Lea.
Volve o campamento urbano en tres quendas para rapaces de 3 a 14 anos. Así, a primeira será do 1 ao 15 de xullo, outra do 16 ao 31 do mesmo mes e rematarán do 17 ao 31 de agosto.
Esta actividade terá un horario de 8.30 a 14.00 horas e no campamento desenvolveranse actividades de deporte, animación, contacontos e animación á lectura, obradoiros, educación ambiental, excursión ao Aquapark de Cerceda, etc.
As inscricións poden facerse do 4 ao 26 de xuño a través da plataforma Easy Manager Grupo Vitae.