Catro mulleres falan na Pastoriza de igualdade de xénero no mercado de traballo

TerraChaXa
O IES Fonmiñá da Pastoriza acolleu unha sesión informativa de sensibilización sobre a igualdade de xénero no mercado do tarballo.
sesion informativa ies fonmina sensiblizacion igualdade de xenero
2 Mar 2023

O IES Fonmiñá da Pastoriza acolleu esta semana unha sesión informativa de sensibilización sobre a igualdade de xénero no mercado do tarballo co lema de que os oficios e as profesións non teñen xénero.

Catro mulleres falaron no centro sobre as súas experiencias laborais en oficios e profesións “masculinizadas”, é dicir, actividades laborais nas que dominaron os homes. "Elas son un claro exemplo do avance social cara á igualdade de xénero no mercado de traballo: mulleres novas que, con vontade, esforzo e motivación, realizan oficios e profesións que anteriormente se consideraban de homes, desmentindo coa súa actividade laboral cotiá os vellos estereotipos e prexuízos sociais nos que se baseaba esa falacia propia da cultura patriarcal, xa que os oficios e profesións realmente non teñen xénero e, por conseguinte, deben ser accesibles con condicións de traballo iguais para calquera persoa coa formación profesional adecuada", explicou Primitivo Iglesias, alcalde da Pastoriza, que foi o encargado de presentar o evento.

Participaron no mesmo Lola Eiras, empresaria e responsable de loxística-almacén de Eiras Distribución (Meira), empresa dedicada á produción e distribución da gasosa A Pitusa, así como á distribución doutras marcas de bebidas. Tamén estivo Diana Gesto, enxeñeira técnica industrial na especialidade de electrónica, que traballa como técnica superior na empresa de mantemento dun hospital público.

Así mesmo estiveron Rocío Goyos, transportista autónoma de leite fresco e Laura Vallejo, traballadora motoserrista forestal.
0.14861798286438