Celebran este xoves en Xermade dous obradoiros sobre consumo en internet

TerraChaXa
Xermade acollerá o xoves, 27 de abril, dou obradoiros sobre consumo que se celebrarán en Roupar e na capitalidade durante a tarde.
obradoiros consumo xermade portada
obradoiros consumo xermade portada
24 Abr 2023

Xermade acollerá o xoves, 27 de abril, dou obradoiros sobre consumo que se celebrarán en Roupar e na capitalidade durante a tarde dentro do programa Cores.

As charlas serán ás 16.00 horas para público adulto na Escola Habanera de Roupar, sobre compras en internet, e o segundo, ás 17.30 horas, para a rapazada entre 8 e 12 anos tratará sobre navegación na Rede e se celebrará no Antigo Sindicato de Xermade.

Este programa pretende achegar a educación en materia de consumo responsable ao maior número de destinatarios posible, adaptándose ás súas necesidades.

É o programa permanente da Escola Galega de Consumo (EGC) a través do cal se ofertan obradoiros e charlas participativas ao longo de todo o ano.

A duración estimada de cada actividade é de 60 minutos.

obradoiros consumo xermade
0.19175410270691