Charla en Outeiro de Rei sobre consumo responsable
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei organiza para hoxe, mércores, no salón de actos da casa da cultura ás 17:30 horas, unha xornada informativa sobre consumo responsable e decisión de compra promovida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
![charla consumo responsable outeiro de rei portada](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/2023/11/charla-consumo-responsable-outeiro-de-rei-portada.jpg)
charla consumo responsable outeiro de rei portada
22 Nov 2023
O Concello de Outeiro de Rei organiza para hoxe, mércores, no salón de actos da casa da cultura ás 17:30 horas, unha xornada informativa sobre consumo responsable e decisión de compra promovida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
O obxectivo da mesma é informar sobre o etiquetado dos prezos e garantías e dereitos ao contratar un servizo ou mercar un produto para facer un consumo responsable.
![charla consumo responsable outeiro de rei](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/11/charla-consumo-responsable-outeiro-de-rei-200x189.jpg)