Cohempo abre o prazo de inscrición para participar na recuperación da Festa da Tortilla nas Pontes

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes, Cohempo, anunciou a apertura do prazo de inscrición para participar na recuperación da tradicional Festa da Tortilla Sorpresa, unha celebración gastronómica histórica vinculada á zona do Rego do Muíño e moi presente na memoria colectiva da vila.
O evento celebrarase os días 22 e 23 de maio, datas nas que os locais participantes ofrecerán diferentes propostas de tortilla, algunhas delas con sorpresas gastronómicas para sorprender á clientela. A iniciativa busca recuperar unha das citas culinarias máis lembradas das Pontes e dinamizar a actividade da hostalaría local.
Desde a organización animan a participar a bares, cafeterías e restaurantes interesados en formar parte desta festa gastronómica. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 27 de abril.
Toda a información relacionada coas bases e solicitudes pode consultarse a través da páxina web de Cohempo. Ademais, as persoas interesadas poden contactar coa entidade mediante o correo electrónico cohempo@cohempo.es ou no teléfono 694 446 724.