Comezan as obras na última fase do aglomerado da vía entre Friol e Palas

TerraChaXa | LugoXa
A Xunta comezou onte a última parte dos traballos de aglomerado da primeira fase de mellora da estrada autonómica LU-231, entre Friol e Palas de Rei.
obras estrada friol palas
obras estrada friol palas
23 sep 2023

A Xunta comezou onte a última parte dos traballos de aglomerado da primeira fase de mellora da estrada autonómica LU-231, entre Friol e Palas de Rei.

En concreto, trátase dos traballos de disposición final da capa de rodaxe e posterior pintado da sinalización horizontal definitiva das obras de acondicionamento que se están a executar nos primeiros 9,4 km da estrada LU-231, no treito entre a travesía de Friol e o acceso a Castrelo.

A execución destes traballos prolongaranse ata medidos do vindeiro mes de outubro, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

O tráfico seguirá transitando pola estrada, minimizándose a incidencia na circulación dos vehículos no treito no que se actúe en cada momento, mediante a canalización do tráfico polo carril libre, con regulación para o paso alternativo en cada sentido de circulación.

A Xunta segue avanzando para ultimar estas obras de acondicionamento dos primeiros 9,4 km da LU-231: 8,9 situados no concello de Friol e os últimos 500 metros no de Palas de Rei. O obxectivo é telas rematadas a finais do mes de outubro.

Mediante esta actuación, transfórmase a sección da estrada, que tiña un ancho aproximado de 5 metros, con carrís estreitos e sen beiravías. Con esta intervención este tramo da LU-231 amplíase ata os 8 metros, con dous carrís de 3,5 m de ancho cada un e beiravías de 0,5 m, salvo na zona con máis edificacións.

As obras inclúen melloras do trazado, suavizando as curvas de menor radio. Cabe salientar que se mellora o cruce do punto quilométrico 2+100 coa estrada provincial LU-P-1611, pola que se chega a Guntín, nun sentido, e a Begonte (A-6), no outro.

A estrada LU-231 ten aproximadamente 18,7 quilómetros desde a travesía de Friol ata o enlace coa A-54 máis próximo ao núcleo de Palas de Rei. A Xunta programou a súa mellora en dúas fases.

A execución desta actuación permitirá conformar, xunto coa estrada provincial LU-P-1611, un eixo norte-sur de mobilidade con prestacións axeitadas entre a A-54 en Palas de Rei e a A-6 en Begonte, nun punto moi próximo ao sen enlace coa A-8.

Este eixe viario suporá a mellora da competitividade para a produción do sector primario e a industria desta contorna da provincia de Lugo.

0.18141508102417