Completan os labores preventivos de incendios na zona entre Lugo e Sarria

TerraChaXa | LugoXa
As actuacións consistiron na apertura de devasas, así como na roza da caixa e marxe das pistas forestais localizadas nos concellos de Antas de Ulla, Guntín, Portomarín, Monterroso e Friol.
traballos prevencion incendios friol
31 Jan 2024

As actuacións consistiron na apertura de devasas, así como na roza da caixa e marxe das pistas forestais localizadas nos concellos de Antas de Ulla, Guntín, Portomarín, Monterroso e Friol.

A Xunta vén de rematar traballos de prevención no Distrito Forestal IX Lugo-Sarria. As actuacións consistiron na apertura de devasas, así como na roza da caixa e marxe das pistas forestais localizadas nos concellos de Antas de Ulla, Guntín, Portomarín, Monterroso e Friol.

Neste sentido, os traballos realizados supuxeron a roza dun total de 434,05 hectáreas, co fin de establecer infraestruturas preventivas máis resilientes fronte a posibles incendios forestais. Este tipo de actuacións son fundamentais, xa que permite implementar a eficiencia na extinción dos lumes. Así, en caso de incendio, reduciranse de xeito importante os tempos de reacción do persoal e os medios de extinción.

Este tipo de traballos continuarán ao longo de 2024 en distintas parroquias do concello de Lugo, co fin de anticiparse aos incendios forestais e facilitar o traballo do servizo.

0.1614351272583