Conde participa nas Pontes nunha sesión con empresarios do colectivo Seara

TerraChaXa
Conde participa nas Pontes nunha sesión con empresarios do colectivo Seara no ciclo Networking Galicia Empresa
reunion conde empresarios seara as pontes
2 Mar 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou onte nun networking empresarial nas Pontes onde destacou que Ferrolterra deba aproveitar as oportunidades da transición enerxética para consolidarse como hub industrial do noroeste. “Hoxe As Pontes está máis cerca de ser un hub industrial enerxético: o deseño está feito, os proxectos estanse tramitando e, desde o punto de vista enerxético, ten a oportunidade de desenvolver un mix competitivo para atender os proxectos industriais que se teñen identificado e para atraer novas iniciativas”, asegurou.

Así, explicou que tres dos catro proxectos industrias estratéxicos declarados pola Xunta están na zona. Trátase da planta de hidróxeno de Reganosa e EDP, a factoría de pneumáticos de Sentury Tire ou o proxecto de metanol verde de Forestal del Atlántico.

A eles hai que sumar otras iniciativas industriais como a bioplanta de Ence, a planta de Iffe-Biotech para producir aceites omega-3, a central hidroeléctrica reversible de Magtel ou a fábrica de compoñentes de Nervión Naval Offshore, no porto exterior de Ferrol, que se complementará coa adquisición nas Somozas da antiga planta de Siemens-Gamesa. Precisamente, Conde puxo en valor a capacidade da zona para converterse en principal produtora de infraestruturas para o sector da eólica mariña.

Desde a Xunta de Galicia estase a traballar para poñer incentivos ao investimento e que a iniciativa privada aposte pola Comunidade con medidas como a Lei de simplificación administrativa e a aposta polo binomio industria sustentabilidade. “As empresas necesitan axilidade e teñen claro que nos seus plans de negocio a sustentabilidade é unha prioridade para mellorar a súa competitividade”, explicou.

O esforzo conxunto da Xunta e o tecido empresarial -como a Asociación de Empresarios Seara- está permitindo xerar novas oportunidades e, así, a comarca de Ferrolterra incrementou en 2022 nun 14 % o número de empresas creadas con respecto ao ano anterior.

0.11555600166321