Continúan en ascenso os casos de coronavirus con 31 activos máis na provincia

TerraChaXa
Lugo vén de sumar 31 casos activos máis (33 novos positivos) nunha nova xornada de 24 horas na que tamén aumenta a presión hospitalaria con dous persoas na UCI (as mesmas que onte) pero 6 hospitalizados (2 máis).
covid 19 (4)
25 Ago 2020

Lugo vén de sumar 31 casos activos máis (33 novos positivos) nunha nova xornada de 24 horas na que tamén aumenta a presión hospitalaria con dous persoas na UCI (as mesmas que onte) pero 6 hospitalizados (2 máis).

Tamén dous foron as altas que se deron nas últimas 24 horas ata chegar ás 1.301 totais. Os falecementos continúan en 32 e os casos totalis en 1.685.

Estes datos son resultados de novos contaxios que se veñen dando tras os rastreos realizados nos distitos gromos. Así, forron detectados no Incio dous casos fóra da residencia e o brote nun pub da capital continúa dando positivos e provocando peches de locais de todo tipo.

Mentres tanto, en Galicia continúan a crecer os casos tamén. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.580, 128 máis que onte. Deles 1.240 son da área da Coruña, 352 da de Lugo, 224 da de Ourense, 147 da de Pontevedra, 170 da área de Vigo, 329 da de Santiago, e 118 da de Ferrol. Os crecementos, xeralizados en todas as áreas sanitarias son máis pronunciados en Santiago, Vigo e Lugo.

Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 73 en unidades de hospitalización e 2.494 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.019 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos.

O número de afectados nas residencias ascende un dous máis, un usuario ata os 68 e un profesional ata 20.

Pola súa banda, en España tamén continúan un crecemento exponencial da pandemia, con 2.060 casos novos en 24 horas: esaableceron que nas últimas dúas semanas diagnosticáronse 20.969 positivos, 5.051 nos últismos sete días.

0.066242933273315