Desconvocada a folga da recollida de lixo en Vilalba mentres avanzan as negociacións

TerraChaXa
Os traballadores do sector da recollida de lixo e limpeza de Vilalba acordaron onte á noite suspender a folga malia que non se chegou a un acordo coa empresa, Urbaser.
folga urbaser vilalba2
15 sep 2023

Os traballadores do sector da recollida de lixo e limpeza de Vilalba acordaron onte á noite suspender a folga malia que non se chegou a un acordo coa empresa, Urbaser.

A intervención do Consello Galego de Relacións Laborais xogou un papel importante na negociación producíndose un primeiro achegamento por primeira vez entre ambas partes.

Deste modo, suspéndese a folga, que levaba 25 días en marcha, xa que os traballadores percibiron un cambio de dirección por parte de Urbaser no conflito.

A suspensión da folga non supón que se desconvoque, implica que os traballadores regresen aos seus postos de traballo de forma normal mentres duren as negociacións.

De non haber acordo finalmente, estes poderán volver a retomar os paros.

0.15025591850281