Dous maiores da residencia do Incio falecen de coronavirus

TerraChaXa
A pandemia de coronavirus cobrouse onte dúas vidas máis tras moitas xornadas sen defuncións.
covid 19 (6)
21 Ago 2020

A pandemia de coronavirus cobrouse onte dúas vidas máis tras moitas xornadas sen defuncións. Nesta ocasión foron dous maiores usuarios da residencia do Incio de 93 e 77 anos de idade, ambos os dous con patoloxías previas. Un dos falecidos morreu na UCI do Hula onde segue outro usuarios ingresado. Destes xeito son xa 31 as defuncións rexistradas na provincia de Lugo.

Tamén so datos de contaxios ofrecen datos dun importante crecemento. De feito, a día de hoxe están rexistrados 255 casos activos, 85 máis que o día de onte, que sumado ás 5 altas supón 91 casos novos máis nas últimas 24 horas.

Os datos históricos din que son 31 falecementos, 1.273 altas e 1.558 casos totais acumulados.

Este aumento vén condicionado polo elevado número de positivos rexitrado na residencia do Incio, gromo relacionado directamente co do edificio de Monforte. De feito, en residencias de Galicia hi un total de 68 usarios afectados e 16 profesionais, a maioría deste centro, que foi intervida pola Xunta.

Tamén aumentaron considerablemente os casos na zona de Monforte, que son uns 40 e que provocou unha onda de anulacións de eventos e outras medidas restrictivas por precaución tanto en Monforte como en municipios veciños.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.995, deles 1.114 son da área da Coruña, 254 da de Lugo, 179 da de Ourense, 85 da de Pontevedra, 144 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 89 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 67 en unidades de hospitalización (tres máis que onte) e 1.922 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.737 persoas curadas (36 máis que onte), rexistrándose 628 falecementos (dous máis).

Deste xeito, Galicia suma 212 casos activos máis en 24 horas con subidas en todas as áreas sanitarias.

0.17756009101868