Dous novos falecementos por coronavirus na provincia e continúa o crecemento

TerraChaXa
O Sergas contibilizou este lunes un total de 63 casos novos que supoñen 58 casos activos máis de covid-19 na provincia de Lugo.
covid 19 (7)
31 Ago 2020

O Sergas contibilizou este lunes un total de 63 casos novos que supoñen 58 casos activos máis de covid-19 na provincia de Lugo. Un dato que indica que a pandemia continúa moi presente, especialmente en Lugo e O Incio, onde están a maior parte do 733 casos activos.

Os datos continúan sendo negativos xa que aumentou moito a presión hospitalaria con 28 persoas ingresadas no Hula e 1 na Mariña. Tamén continúan tres na UCI da capital.

Novamente hai que sumar dous novos falecementos máis de persoas  maiores e xa son 37 o número de decesos vinculados coa pandemia dende a súa orixe no mes de marzo.

En datos acumulados, xa están contabilizadas 1.353 altas e 2.063 casos totais.

GALICIA

Pola súa banda, en Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.640 deles 1.392 son da área da Coruña, 730 da de Lugo, 340 da de Ourense, 226 da de Pontevedra, 237 da área de Vigo, 582 da de Santiago, e 133 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 124 en unidades de hospitalización e 3.499 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.671 persoas curadas, rexistrándose 643 falecementos. Os dous últimos falecidos foron un varón de 90 anos, que estaba ingresado no HULA; e unha muller de 89 anos, que estaba ingresada no Hospital de Cee. Ámbolos dous tiñan patoloxías previas.

Comparado coa xornada do domingo, son 156 casos activos máis con aumentos en todas as áreas sanitarias en maior ou menor medida sendo Santiago e Lugo novamente as zonas de máis crecemento debido aos gromos activos.

Nas residencias de maiores, o número de afectados entre usuarios é de 138, a maioría concentrados nos xeriátricos do Incio e Outeiro de Rei; mentres que o número traballadores destes centros contaxiados é de 53, dous máis respecto á xornada previa.

0.1821711063385