Estudantes do IES Terra Chá participaron nun encontro coa catedrática Patrocinio Marrondo

TerraChaXa | LugoXa
Alumnas e alumnos de 3º de Educación Secundaria do IES da terra Chá José Trapero Pardo mantiveron un encontro con Patrocinio Morrondo.
ies terra cha encontro patrocinio marrondo
ies terra cha encontro patrocinio marrondo
28 Abr 2023

Preto de 50 alumnas e alumnos de 3º de Educación Secundaria do IES da terra Chá José Trapero Pardo mantiveron un encontro con Patrocinio Morrondo, catedrática de veterinaria da Universidade de Santiago e docente da área de sanidade animal na facultade de Lugo.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou en Castro de Rei neste encontro do programa Nin+Nin+Iguais co que a Xunta está a percorrer centros educativos de Galicia para poñer en contacto ás e os escolares con mulleres referentes que destacan en sectores tradicionalmente masculinizados.

López Abella destacou que con esta iniciativa, o Goberno galego busca potenciar a educación en igualdade das persoas desde idades temperás para que poidan desenvolver a súa vocación sen atender a prexuízos ou estereotipos. Puxo en valor, ademais, o III Programa Muller e Ciencia 2022-2025 que ten vixente a Xunta que, cun orzamento que acada os 45 millóns de euros, avoga por reter o talento feminino de Galicia e situalo como motor do desenvolvemento tecnolóxico, económico, social e sostible.

0.17745685577393