Facer posible o necesario

Por Ana Belén Gómez.
Seguro que non fun a única en decatarse da coincidencia das mortes de Xosé Manuel Beiras, e Mari Carmen (Abascal), mais coñecida polo seu nome de pila, que faleceron a principios do mes de outubro, só cunhas horas de diferencia, sendo ambos da mesma xeración, a das nove décadas, que se di pronto, ou case, a Mª Carmen quedábabanlle só tres aniversarios para alcanza-la tan preciada decena.
Pensei que non era unha coicidencia sen máis, que algún nexo común importante, que en principio escapabaseme, habían de ter, aparte dunha idade similar, un país en común, e a morte como final irreducto que igualanos a todos cunha precisión milimétrica.
Concluín que ámbolos dous, dalgún xeito dende os seus espazos e traxectorias vitais representaban ao pobo de a pé, aos que lles moven ás cousas importantes para a maioría.
O noso querido Xosé Manuel Beiras, referente político e exemplo en tantas cousas nesta Galiza que se despide daquel que soubo amala tan ben, dende a súa docencia en galego na universidade naqueles anos que non era o común, hasta a publicación da xa imprescindible obra 'O atraso económico de Galicia', onde reflicte valentemente sobre aquilo que ninguén foi quen de articular con anterioridade, un estudo e análisis socio-económico riguroso da sociedade galega no seu momento que perdura ata os nosos día e aínda está, poderíamos decir, máis vixente ca nunca, alén do seu inquebrantable compromiso coa nosa terra e as súas xentes ás que amaba dende a coherencia coas palabras, os feitos, e , sobre todo, coa súa maneira de facer política. Para algúns todo un personaxe dado ás mostras inequívocas da súa paixón, amor e compromiso por esta terra e as súas tradicións, sempre a favor dun progreso real. Da súa ilustre boca saiu esta frase, que aplicada seguindo os principios de honradez e interese común fora capaz algún día de revolucionar os nosos hemiciclos: “a política non é o arte do posible, se non o arte de facer posible o necesario.
Pola contra Mª Carmen fixérase famosa nun corto espazo de tempo por ser protagonista indiscutible da súa propia historia de activismo a favor do dereito á vivienda, facendo especial hincapé nos máis fráxiles coma ela, como dicíamos, case nonaxenaria e durante moitos da súa vulnerable vellez ameazada coa sombra dun posible desahucio da vivienda onde vivera durante máis de 70 anos, opoñéndose, protestando e atrincherándose coa axuda daquelas asociacións, organismos sociais e sindicatos dentro do noso estado democrático que decidiron apoiala contra o desahaucio que, finalmente, chegou. Ese foi o seu legado, levar a súa reivindicación, o seu dereito a un teito ata aqueles organismos que puideran garantilo.
Conseguiuno, mais no intento, chegou tamén o seu último alento. Facer posible que a necesidade dun teito e unha vivienda sexa un tema tratado dende o ámbito político para mudar unha realidade que asoballa os dereitos básicos dos cidadáns de a pé, foi o seu último mérito, morrer reivindicando o dereito ao teito e facelo parte da nosa axenda política, que finalmente escoitou o seu clamor e creou o decreto Maricarmen, acuñado así no seu nome. O que me leva á frase anterior do noso amado e agora añorado Beiras: “a política non é o arte do posible, se non o arte de facer posible o necesario”.