Gandeiros entregan 500 sinaturas á Xunta para demandar criterios fixos no saneamento gandeiro

TerraChaXa
Unha representación das gandeirías afectadas polos problemas do saneamento gandeiro, fixeron entrega onte dun escrito onde se recolle a problemática que veñen sufrindo e as súas peticións avaladas por 500 sinaturas.
30 Dec 2022

Esta acción tivo lugar na Oficina Comarcal da Xunta de Galicia en Vilalba e nela intégranse gandeiros de abadín, Xermade, Cospeito ou Muras, que esixen criterios fixos e melloras nos procesos de saneamento gandeiros, xa que moitos deles víronse afectados por algún posible positivo en tuberculose que obrigou ao sacrificio de animais.

Os gandeiros reclaman unha uniformidade de criterios e que se fagan as análisis de animais para evitar o sacrificio dos que non estean enfermos. Ademais, demandan que unha vez que se teñan os resultaos negativos do laboratorio sexan indemnizados como animais sans.

Os afectados teñen prevista unha reunión co director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, o 31 de xaneiro.

0.16040682792664