Guitiriz celebrará este mércores unha romaría para seguir a eclipse solar con música e observación guiada

TerraChaXa
A Romaría da Eclipse Solar terá lugar na parroquia de Santa Mariña e incluirá a actuación de Soul&Roll e o reparto de lentes protectoras para contemplar o fenómeno
eclipse-solar-guitiriz
11 Aug 2026

O Concello de Guitiriz celebrará mañá, mércores 12 de agosto, a Romaría da Eclipse Solar, unha proposta cultural organizada con motivo da eclipse total de Sol que poderá observarse en Galicia. A iniciativa desenvolverase na parroquia de Santa Mariña e combinará música en directo cunha observación guiada deste fenómeno astronómico.

A programación arrancará ás 19.00 horas no Campo da Festa coa actuación do grupo Soul&Roll. Posteriormente, ás 19.30 horas, terá lugar unha observación guiada da eclipse solar na contorna do monólito Irmáns da Lexía, onde as persoas asistentes poderán seguir a evolución do fenómeno con explicacións especializadas.

Unha vez rematada a fase principal da eclipse, a música volverá ser protagonista a partir das 20.45 horas coa continuación do concerto de Soul&Roll.

Ademais, durante a xornada repartiranse lentes protectoras para a observación segura da eclipse ata esgotar existencias, grazas á colaboración da Deputación de Lugo.

0.1241500377655