Guitiriz reabre a bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar

TerraChaXa
O Concello e Guitiriz vén de reabrir unha nova convocatoria de emprego temporal para actualizar a bolsa de auxiliares de axuda no fogar.
4 Abr 2024

O Concello e Guitiriz vén de reabrir unha nova convocatoria de emprego temporal para actualizar a bolsa de auxiliares de axuda no fogar.

O obxectivo desta bolsa de traballo é dispoñer de persoal para substitucións do persoal contratado por incapacidade laboral transitoria ou vacacións ou mesmo para tempos de acumulación de tarefas.

As persoas que xa forman parte da bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar deste Concello seguirán formando parte dela na orde que lles corresponda, aínda que figuren nela como non dispoñibles, polo que non teñen que presentar de novo a instancia. Esta actualización da segunda bolsa de emprego non deixa sen efecto a bolsa de emprego anterior, se non que a complementa para os casos en que a primeira bolsa estea esgotada e non haxa candidatos dispoñibles.

O traballo no servizo de SAF consistirá na realización das actividades reflectidas no plan de traballo que se elaborará o departamento de servizos sociais para cada persoa beneficiaria, e serán os referidos a atencións de carácter persoal, doméstico, atencións de roupa, compra e preparación de alimentos, tarefas de relación do contorno, e/ou outras que se determinen e que sexan necesarias para incorporar ao plan de traballo individualizado da persoa usuaria do servizo, e de conformidade co informe emitido pola traballadora social responsable do servizo ou, no seu defecto, a profesional que interveña no caso.

Os traballos se realizarán en domicilios situados nas diferentes parroquias do municipio, de acordo coa programación de traballo que se lle designe, polo que as persoas seleccionadas terán que contar cos medios necesarios para o desprazamento, pola súa conta, dentro da xornada laboral.

O salario mensual será de 950 euros mensuais máis os incrementos anuais que correspondan.

O prazo de presentación estará aberto durante dez días, concretamente ata o 12 de abril, esta deberá facerse no Rexistro do Concello. A selección farase por concurso de méritos.

0.18359994888306