Medio Rural destina unha serie de axudas para o control de incendios forestais

TerraChaXa
A Consellería do Medio Rural achegará máis de 1.
Captura de pantalla 2019 07 18 a las 13.22.22
24 Xul 2019

A Consellería do Medio Rural achegará máis de 1.130.000 euros na provincia de Lugo a 126 beneficiarios das subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes. Estes apoios están destinados a titulares de montes veciñais en man común, agrupacións e mancomunidades e a Sociedades de Fomento Forestal (Sofor).

Estas achegas teñen como obxectivo minorar os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción dos montes e, en conxunto, garantir a protección axeitada á fauna, a flora e á paisaxe do territorio.

Con este obxecto a Xunta ofrece dúas liñas de subvencións: unha para o control selectivo de combustible forestal e outra para a construción de puntos de auga. Son ademais accións deseñadas polos propios solicitantes que presentan un plan de traballo con este obxecto e que se comprometen a levar a cabo estas tarefas nun prazo de catro meses desde a notificación da axuda concedida.

A porcentaxe que se subvenciona pode chegar ao 100% do custe destas accións, polo tanto, as comunidades beneficiarias só deberán achegar o IVE.

No conxunto de Galicia, o montante destas subvencións superou os 4,5 millóns de euros e chegan a máis de 500 beneficiarios. Estas achegas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

0.099344968795776