Mulleres Rurais de Pastoriza organiza sesións de Workout Dance os martes e xoves de novembro

TerraChaXa
As persoas asistentes poden comezar utilizando pesas de 500 gramos ou botellas de auga de medio litro como material para os exercicios
mulleres-rurais-pastoriza
31 Oct 2026

A Asociación de Mulleres Rurais de Pastoriza promove durante o mes de novembro unha actividade de Workout Dance, con sesións os martes e xoves en horario de 21.00 a 22.00 horas.

As clases desenvolveranse na nave do Concello, situada no polígono de Pastoriza, e combinarán exercicio físico e baile nunha proposta pensada para fomentar a actividade e o lecer entre as participantes.

A organización indica que as persoas asistentes poden comezar utilizando pesas de 500 gramos ou botellas de auga de medio litro como material para os exercicios.

A iniciativa busca ofrecer unha alternativa para manterse activas a través do movemento e da música.

As sesións estarán divididas en tres bloques. O primeiro será de quecemento con movementos dinámicos acompañados de música para preparar o corpo e os músculos. A continuación desenvolverase o traballo de forza, con exercicios específicos para pernas, glúteos, brazos, costas e core, tanto para o tren inferior como para o superior. Finalmente, a actividade rematará cunha fase de relaxación e estiramentos para baixar a intensidade, relaxar o corpo e a mente e mellorar a flexibilidade.

 

0.13093781471252