O 41º Rallye San Froilán desenvolverase dende mañá en 4 concellos chairegos
A Escudería Miño - Lugo organiza o 41º Rallye San Froilán que se desenvolverá esta fin de semana.
O Rallye San Froilán, que reunirá nesta ocasión 129 pilotos, consta dun percorrido de 379,005 kms., dos cales 91,310 kms. corresponden a 4 tramos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico.
O tramo A será o de Outeiro de Rei, o B o de Friol, o C o de Meira e o D o de Pol. O rallye contará co parque pechado do polígono industrial As Gandaras, o parque de reagrupamento da área 507 de Outeiro de Rei e o parque de asistencia do polígono industrial de Outeiro de Rei.
Na xornada do venres 25 levaranse a cabo desde as 09.00 horas as correspondentes verificaciones técnicas e administrativas no polígono industrial As Gandaras.
Ás 19.45 horas terá lugar a saída do primeiro participante da primeira etapa.
O sábado 26, disputarase a segunda etapa do rallye que comezará ás 8.00 horas sairá o primeiro participante da primeira sección. Ás 10.28 horas tomará a saída o primeiro participante da segunda sección desde a área 507 de Outeiro de Rei, e ás 14.20 horas terá lugar a saída do primeiro participante da terceira sección de novo desde o polígono industrial As Gandaras. Ás 18.54 horas o primeiro participante da cuarta sección tomará a saída desde a área 507 de Outeiro de Rei.
O domingo 27, ás 00.00 horas publicaranse os resultados da proba.
Durante a presentación da proba, o deputado de Deportes, Effrén Castro, sinalou que o “Rally San Froilán é un evento histórico que todos os afeccionados ao motor teñen marcado no seu calendario”. “Recordo seguir os entrenos no mítico tramo de Goyán, en Sarria, desde a nenez. Son recordos que creo que compartimos moitos de nos e que reflicten a expectación que levanta a carreira e a gran tradición que existe na provincia”.
A vicepresidenta da escudería, Mayte Vilanova, explicou que “un dispositivo dunhas 450 persoas, a maioría lucenses pero tamén persoas doutras provincias, traballarán desde mañá venres na organización do rally” e fixo un chamamento “para que os afeccionados e afeccionados seguisens as indicacións de organizadores e corpos de seguridade durante o desenvolvemento das probas”.