O BNG pide un Pleno extraordinario para acordar o apoio á folga do 23

TerraChaXa
O Grupo Municipal do BNG rexistrou a súa solicitude dirixida ao Alcalde para que convoque unha sesión extraordinaria do Pleno pontés, co único punto na súa orde do día do apoio á folga do día 23 de novembro, dende as 11:00 horas ata as 15:00 horas, e chamamento á participación na mesma, cun acto central dunha manifestación o mesmo día ás 12:00 dende a Praza do Carme.
manifestacion cig as pontes endesa
manifestacion cig as pontes endesa
18 Nov 2023

O Grupo Municipal do BNG rexistrou a súa solicitude dirixida ao Alcalde para que convoque unha sesión extraordinaria do Pleno pontés, co único punto na súa orde do día do apoio á folga do día 23 de novembro, dende as 11:00 horas ata as 15:00 horas, e chamamento á participación na mesma, cun acto central dunha manifestación o mesmo día ás 12:00 dende a Praza do Carme.

O BNG entende que "todas as concentracións, manifestacións, peches, caravanas, ..., nas Pontes, na Coruña, en Santiago, en Madrid, ..., non se fixeron para chegar á situación actual, con desmantelamentos, desprazamentos, peches e EREs no inmediato, mais sen alternativas concretas simultáneas ou a curto prazo, de continuidade e con garantías. Por iso o BNG provocou o Pleno de setembro no que falar e acordar, de xeito unánime, sobre da autorización do peche dos catro grupos da Central, e convocou o acto público informativo de outubro sobre do desmantelamento da Central e do estado dos proxectos anunciados".

E por iso tamén o BNG apoia a folga do 23 de novembro convocada pola CIG, porque entende que "é preciso manter a resposta colectiva iniciada vai uns catro anos cando as previsións futuras non eran boas, mais agora cando os feitos evidencian unha grave situación, laboral, social e económica, a máis problemática e preocupante dende vai moitos anos".

"Dende o respecto ás decisións individuais, o BNG quere reafirmarse, unha vez máis, na necesidade, tamén obriga, dunha resposta firme, decidida e, sobre de todo, colectiva, polo que fai un chamamento a todas as persoas, entidades e organizacións das Pontes para que se sumen, apoien e sexan partícipes da xornada de folga e da manifestación do xoves 23 de novembro. Así o defenderemos en todos os foros, a comezar polo Pleno que debe convocar o Alcalde e que debería desenvolverse antes de dito día, por razóns de responsabilidade e democráticas", di.

0.19182801246643