O centro de transformación do mel impulsado en Vilalba estará operativo no mes de outubro

TerraChaXa
O proxecto céntrase na rehabilitación da antiga Escola da Pedragosa, un espazo que será acondicionado nos próximos meses para acoller esta nova infraestrutura
modesto-renda-centro-apicultura
13 May 2026

O Concello de Vilalba porá en marcha no vindeiro mes de outubro un novo centro de transformación do mel en San Simón, promovido pola Vicealcaldía e financiado a través dunha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O proxecto foi un dos mellor valorados polo organismo autonómico, o que permitirá ao municipio recibir integramente os 38.700 euros solicitados para executar a iniciativa.

O vicealcalde, Modesto Renda, destacou que este novo servizo suporá a creación dun moderno centro público de procesamento do mel, pioneiro na provincia de Lugo, pensado para dar apoio ás produtoras e produtores locais sen que teñan que asumir investimentos propios.

O proxecto céntrase na rehabilitación da antiga Escola da Pedragosa, un espazo que será acondicionado nos próximos meses para acoller esta nova infraestrutura vinculada ao sector apícola. Segundo explicou o Concello, o obxectivo é facilitar que os produtores poidan procesar o mel de maneira totalmente gratuíta, empregando maquinaria de última xeración.

Desde a Vicealcaldía consideran que esta actuación contribuirá a reforzar as economías familiares no rural vilalbés, ao tempo que favorecerá a creación de novas oportunidades de desenvolvemento económico e emprego vinculadas ao sector primario.

0.11532688140869