O Ciclo de Cinema Mestre Mateo continúa en Meira coa proxección de 'San Simón'

TerraChaXa
A programación continuará este mércores, ás 21.30 horas, na Casa da Cultura
san-simon-mestre-mateo
7 Jul 2026

Meira continúa ser un punto de encontro para o cinema galego coa celebración dunha nova edición do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, organizado pola Asociación Cultural M de Meira. A programación continuará este mércores 8 de xullo, ás 21.30 horas, na Casa da Cultura coa proxección do film San Simón, dirixido por Miguel Ángel Delgado.

Situada en outubro de 1936, cando o franquismo abre campos de concentración por todo o territorio. Utilizan conventos, fábricas, escolas, prazas de touros, mosteiros… San Simón destaca debido á súa insularidade. O réxime converte o antigo lazareto nun lugar de morte onde os prisioneiros sofren a represión rodeados dunha beleza abafadora. Lamas lembra a memoria da illa sete anos despois, cando as autoridades decretan o peche do campo.

Con esta nova sesión, o Ciclo de Cinema Mestre Mateo continúa unha cita xa consolidada en Meira, achegando ao público local unha selección de producións galegas recoñecidas pola súa calidade e relevancia cultural.

0.134192943573