O Concello das Pontes inviste 8 millóns na reactivación económica

TerraChaXa
Concello das Pontes impulsa a reactivación económica e laboral do municipio, a través de distintas liñas de accións que, desde as diferentes áreas do ente municipal, se enfocarán no apoio e na dinamización do sector empresarial pontés e no mercado laboral como eixos fundamentais para a recuperación dos índices socio-económicos do municipio, tras o inevitable impacto e a crise derivada do COVID-19 no conxunto do estado.
ConcelloAsPontes
21 May 2020

Concello das Pontes impulsa a reactivación económica e laboral do municipio, a través de distintas liñas de accións que, desde as diferentes áreas do ente municipal, se enfocarán no apoio e na dinamización do sector empresarial pontés e no mercado laboral como eixos fundamentais para a recuperación dos índices socio-económicos do municipio, tras o inevitable impacto e a crise derivada do COVID-19 no conxunto do estado.
O Concello contempla unha inversión de 6.894.000 euros para a reactivación económica e laboral do municipio, a través dunha inxección directa na economía local a través de dúas liñas de axudas directas para empresas e para persoas traballadoras e, cunha importante inversión en obra pública.

Trátase, en palabras de Ana Pena, responsable da área de Industria “dun conxunto de inversións enfocadas  a tratar de paliar os efectos da crise económica e laboral provocada pola pandemia, e contribuír na recuperación dos índices de emprego e actividade empresarial do municipio, que conta hoxe con máis de 700 autónomos e microempresas de todos os sectores”.

As accións previstas inclúen unha liña de axudas directas para autónomos e microempresas, Reactiva As Pontes dirixida a contribuír na reactivación da súa activade empresarial ou comercial, colaborando no sufraxio dos gastos de aluguer, hipoteca e gasto corrente das firmas abocadas ao peche temporal ou a unha perda de ingresos, a raíz do Decreto de Estado de Alarma.

Ademais o Concello porá en marcha As Pontes, ADEC-19, unha liña de axudas directas enfocadas a contribuír na recuperación da economía das familias da localidade afectadas pola crise laboral derivada da pandemia, impulsando, ao mesmo tempo, o consumo local, a través da colaboración naqueles gastos en compras, servizos e subministracións dos fogares das Pontes que se realicen nos establecementos ou empresas da localidade.
A través do plan Contruímos As Pontes impulsará a obra pública, destinada a fomentar o mantemento do emprego nun dos sectores mais afectados da crise, do que dependen máis de 200 familias no municipio.

A estas inversións sumaranse as partidas económicas destinadas para a construción dunha residencia de atención a persoas con discapacidade  así como a destinada á renovación do alumeado actual por leds, como un proxecto que conxuga o impulso do emprego necesario para a súa execución, cunha mellora na eficiencia enerxética.

Por outra banda, o goberno local reforzará as liñas de axudas directas Instálate e Impúlsate para a creación de novas iniciativas empresarias no municipio.

O Concello das Pontes, por outra banda, realizará unha inversión de 325.000 euros para acompañar aos sectores comercial e hostaleiro do municipio, dous dos piares fundamentais na socioeconomía local e que máis están sufrindo os impactos da crise económica e laboral provocada polo COVID-19, no proceso de recuperación e adaptación ao novo marco socioeconómico.

Así, a través da liña Impulsa As Pontes, o Concello das Pontes porá en marcha diversas accións orientadas á reactivación comercial, hostaleira e turística do municipio, tanto a través do Plan  Estratéxico de Turismo das Pontes como da estratexia Impulsa As Pontes, un proxecto de carácter transversal que busca dotar aos profesionais do sector de ferramentas que lles permitan  saír  nas  mellores  condicións da situación actual, a través de asesoramento individualizado.

Ao amparo desta estratexia o Concello das Pontes tamén desenvolverá  unha plataforma de venda  online, a través da que o  Concello das Pontes quere contribuír a reducir o impacto  do coronavirus na economía das  persoas autónomas e pemes do municipio e fomentar a transformación tecnolóxica dous comercios para impulsar o aumento do consumo. Así mesmo impulsará accións dinamizadoras que faciliten a reactivación das actividades comerciais e hostaleiras tales como feiras, concursos e eventos.

O Concello das Pontes tamén continuará coa colaboración coas dúas asociacións empresariais do municipio, a través do apoio ás accións de dinamización e impulso do sector empresarial do municipio, mediante os Convenios Colaboración Cohempo Seara.

O ente municipal, co obxectivo de contribuír á recuperación do mercado laboral apostará pola inversión en programas de formación dual como ferramenta fundamental para mellorar o posicionamento no mercado laboral dos veciños e veciñas  que se atopan en situación de procura de emprego e a contratación directa, liñas de accións ás que destinará máis de 900.000 euros.

Nesta liña,o Concello ven de presentar os proxectos de solicitude, á  Xunta de Galicia, do Obradoiro de Emprego (Eume III) e do Obradoiro de Garantía Xuvenil (Pontes de Emprego IV), un paquete formativo que conta cunha importante inversión municipal.

O Obradoiro de Emprego (Eume III) , programa de formación remunerada, está enfocado na formación de 12 alumnos na área de atención sociosanitaria a persoas no domicilio,  e Obradoiro de Garantía Xuvenil (Pontes de Emprego IV) permitirá a formación de 12 persoas na área do mantemento e montaxe mecánico de equipos industriais. Ambos obradoiros permitirá a obtención do certificado de profesionalidade a través dun contrato de formación e docencia para 12 alumnos/as e 4 docentes durante 9 meses, no caso do primeiro obradoiro, e de 12 meses no obradoiro de garantía xuvenil.

Asemade, o Concello retoma o Plan Integrado das Pontes, iniciado a principios de ano,  un programa de formación dual, posto en marcha ao abeiro das subvencións para o emprego da Xunta de Galicia, que conta con 100 persoas beneficiarias e que inclúe prácticas nas empresas da localidade. Unha nova edición posta en marcha no 2020, dun programa que nas dúas edicións anteriores supuxo a formalización de máis de 80 contratos laborais no municipio.

Finalmente, o Concello das Pontes realizará unha inversión na cofinanciación da contratación directa como impulso das oportunidades laborais dos veciños e veciñas, aproveitando as ferramentas que posibilitan a contratación temporal dos entes municipais dende a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

Estas achegas xa permitiron a contratación de catro auxiliares de policía durante 6 meses, con motivo do decreto do Estado de Alarma, e fará posible reforzar a plantilla municipal, durante os próximos 9 meses, con 23 novos empregados (peóns, persoal del limpeza, socorristas, e persoal técnico de Turismo), a través das achegas do PEL 2020 da Deputación da Coruña, da Risga ou do programa Aprol Rural da Xunta de Galicia.

0.16671109199524