O Concello de Friol adquire unha desbrozadora e contedores cunha axuda da Xunta

LugoXa | TerraChaXa
Son 35 colectores que se repartirán polo rural e unha máquina de brazo que se mercaron cos cartos do Fondo de Compensación Ambiental
maquina-desbrozadora-lateral
Desbrozadora
19 Xul 2024

O Concello de Friol vén de adquirir 35 contedores verdes de 800 litros para a recollida de residuos nas parroquias, elementos que eran moi necesarios debido a que moitos dos existentes estaban en mal estado debido ao seu uso e a que están expostos ás inclemencias meteorolóxicas. Este material foi subministrado pola empresa Galicia Solucións Globais SLU por un importe de case 8.000 euros.

Tamén se fixo con unha máquina destinada ao servizo de medio ambiente, unha desbrozadora de brazo, moi necesaria para facilitar os labores de mantemento das estradas municipais. A compra de esta máquina e dos contedores supón un importe de arredor dos 50.000 euros.

A adquisición de todo o detallado por parte do Concello de Friol é posible grazas a unha orde de axudas da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza, pola que se convocaron subvencións a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

Todo este material e maquinaria será de moita utilidade para os veciños e veciñas, así como tamén para os traballadores do Concello de Friol, xa que poderán cambiar os contedores que están en mal estado nas distintas parroquias, e tamén poderán facer dun xeito mellor e mais doado a limpeza de maleza das pistas municipais, para facilitar o paso polas mesmas a todos os veciños e veciñas de Friol, e tamén de todas as persoas que se acheguen ou pasen polo municipio.

Para o Equipo de Goberno isto é algo moi importante, e como di o seu alcalde José Ángel Santos “temos que intentar aproveitar todas as axudas dispoñibles para renovar o material existente e facernos con maquinaria nova que facilite o traballo diario de mantemento do municipio de Friol”.

0.20409798622131