O Concello de Ribadeo inicia a contratación temporal dun traballador social

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo inicia a contratación temporal dun traballador social. As candidaturas poden presentarse ata o 21 de xaneiro
11 Xan 2021

O Concello de Ribadeo vén de publicar as bases para contratación dun traballador social durante seis meses e a xornada completa. As persoas interesadas en optar a esta praza deben estar en posesión da diplomatura universitaria ou grao en Traballo Social e ter carné de conducir clase B1. Ademais os candidatos teñen que atoparse en situación de desemprego ou optar a mellora de emprego nos casos nos que a xornada sexa igual ou inferior ao 50% da xornada.

A documentación pode presentarse ata as 14.00 horas do día 21 de xaneiro no Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo ou a través da sede electrónica da entidade, segundo se recolle nas bases. As probas de selección de persoal e a calificación dos méritos están previstas para o día 2 de febreiro a partires das 10.00 horas na Casa do Concello.

0.2028911113739