O Concello de Vilalba pide a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais na folga da limpeza

TerraChaXa
O Concello de Vilalba solicita aos representantes dos traballadores do servizo de recollida de lixo a desconvocatoria da folga, instando ás partes en conflicto a que soliciten a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais.
folga recollida lixo vilalba
folga recollida lixo vilalba
7 sep 2023

O Concello de Vilalba solicita aos representantes dos traballadores do servizo de recollida de lixo a desconvocatoria da folga, instando ás partes en conflicto a que soliciten a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Os voceiros e voceiras dos diferentes grupos políticos da Corporación Municipal mantiveron esta mañá unha reunión para facer balance da situación e concretar as próximas medidas. O concello solicitará á CIG a inminente desconvocatoria da folga e que se retome a negociación dun novo convenio colectivo coa citada mediación.

"Facemos un chamamento á responsabilidade tanto da empresa como dos traballadores; a veciñanza non pode ser refén da súa falta de acordo", sostén Eduardo Vidal, concelleiro de Servizos de Vilalba, que demanda “que se reanuden as negociacións no Consello Galego de Relacións Laborais”.

Nun primeiro contacto con ambas partes para falar desta posible mediación, Urbaser comunicou ao concello que non a admite.

O conflicto comezou en xuño de 2022, cando os traballadores de Urbaser acordaron, en votación secreta e por un voto de diferencia, non asinar o convenio colectivo que lles presentou a empresa despois da correspondente negociación.

Agora pretenden que a empresa incremente os seus salarios nun 22%, con carácter retroactivo desde 2021. Urbaser ofrece pola súa parte o comprometido polo concello, un incremento do 10% repartido da seguinte forma: un 4% no 2023; un 3% no 2024, e un 3% no 2025, cunha variación puntual engadida do 1% en función do IPC. Esta proposta foi rexeitada pola representación sindical.

As reivindicacións do comité de empresa inclúen tamén, entre outras, unha paga extra máis e melloras nas vacacions, excedencias, libranzas de fin de semana e vestiario. A pesares dos avances na negociación dalgúns destes puntos, a mesa de negociación quedou suspendida.

0.16260409355164